Martes, 09 de Febreiro do 2010
Actualizado ás 12:35 - Na rede dende Decembro de 2006
GZ nación
Galiza

MEMORIA HISTÓRICA

Tendo en conta o auto do TSXG, Meirás debe abrir ao público

Vista do pazo de Meirás

O Bloque Nacionalista Galego valora o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polo que se desestima o recurso da familia Franco para poder manter pechado ao público o Pazo de Meirás e insta á Consellaría de Cultura a que o acate.

Comentarios (0)
Estado

CRISE

A CIG rexeita as medidas propostas polo Goberno estatal para a reforma do mercado laboral

José Luís Rodríguez Zapatero

Á espera de coñecer con maior concreción as propostas do Goberno estatal nas Mesas do Diálogo Social, a CIG avalía de xeito negativo as iniciativas anunciadas polo presidente Rodríguez Zapatero, a respecto da reforma laboral.

Comentarios (2)
Galiza

MÁIS DE 300 DESPEDIMENTOS

Paros e concentracións en SYKES contra a deslocalización da empresa

Concentración contra os despedimentos en Sykes

Os traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises están chamados a secundar os paros e concentracións que a CIG ten convocadas para os días 9, 15 e 23 de febreiro, logo de que a empresa de telemárketing anunciase despedimentos masivos.

Comentarios (0)
Galiza

ILP

Queremos Galego leva ao Parlamento a defensa do galego no ensino

Imaxe da manifestación polo idioma o pasado 18 de outubro

A plataforma cidadá Queremos Galego presenta hoxe unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), coa intención de que se debata e aprobe no Parlamento galego. Con esta iniciativa o colectivo busca que se garantan "por lei" os dereitos lingüísticos no ensino".

Comentarios (0)
    A Xunta atenderá ás peticións de \\\"Queremos Galego\\\"
  • Si
  • Non


EN MOVEMENTO 2
Guillerme Vázquez

AGÁS O PSOE

O BNG consegue que se sumen á súa iniciativa de Manifesto as forzas sociais e políticas do país

O BNG continúa a liderar o debate sobre as caixas. Logo de ter impulsado a nova Lei no Parlamento Galego, dedicou os seus esforzos a tecer unha "Posición de País" fronte a "agresión en forma de recurso de inconstitucionalidade" que prepara Madrid.

Comentarios (8)

A CIG-Ensino reclama que Educación retire as bases ante a unanimidade do rexeitamento que suscitan

A CIG-Ensino entende que a Consellaría de Educación non ten máis saída que a retirada das Bases para o Decreto do Plurilingüismo.

Comentarios (0)

O Comité de Empresa de Gamelsa rexeita o ERE presentado pola empresa

O pasado 11 de xaneiro a dirección de Gamelsa, do Grupo Televés, comunicaba ao Comité de empresa a súa intención de iniciar un ERE, que afectaría a 26 traballadores durante un ano (o 33% do cadro de persoal).

Comentarios (0)