Martes, 09 de Febreiro do 2010
Actualizado ás 08:54 - Na rede dende Decembro de 2006
GZ nación
Galiza
[GZnación / Redacción] 11 de Agosto do 2009

A TVG non gosta das criticas ás touradas

Unha nova coa opinión dun activista antitaurino no Telexornal do serán da Televisión de Galicia non aparece no portal público www.agalega.info.

Etiquetas:

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas trasladou hoxe unha queixa ante o Valedor do Pobo pola posible censura dunha opinión que criticaba a tauromaquia no telexornal do serán do pasado 6 de Agosto da Televisión de Galicia.

Os antitaurinos confirman que a nova si foi emitida no Telexornal do Serán, pero que non aparece no portal dos informativos www.agalega.info, que administra o propio canal público. A pesares diso, unha nova relativa á feira taurina da Coruña emitida nos informativos do mediodía sí aparece na citada páxina web.

Fontes da plataforma afirman que agardaron durante varios días para certificar que non se trataba dun erro por parte dos servizos informáticos, pero trala denuncia pública do deputado socialista Méndez Romeu, entenden que existen motivos para pensar que é un acto de censura, "a un movemento incómodo para a nova Xunta", engaden.



O PSdeG acusa á CRTVG de estar "inactiva e inoperante"

5 comentario/s en "A TVG non gosta das criticas ás touradas"

5.-Marte dixo:

O PP nom está contra no aborto. No 2003 Aznar com maioria absoluta aprobou a pílula do dia depois, o aborto do dia depois.
Hipocrisia, demagogia... democracia espanhola.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +4
  • negativo

14 de Agosto do 2009

4.-Venus dixo:

"Por certo, que fez Lores em 10 anos em Ponte-Vedra contra as touradas??". RETIRARLLES AS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS QUE RECIBÍAN CO GOBERNO DO PP.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +4
  • negativo

12 de Agosto do 2009, 08:32

3.-Marte dixo:

  • Este comentario recibiu máis de 3 votos negativos e foi agochado

2.-O Manoel dixo:

A TVG esta controlada plo PP do señor Feijo iso ninguen o duvida.
Eu quero resaltar a dobre moral destes mentireiros, ipocritas do PP, que por unha banda son autenticos activistas contra do aborto. Pero por outro lado gostan da sangue de touro, e disfrutaron da guerra do Iraque a que ningun do PP se opuxo, e que tanta xente morreu

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +10
  • negativo

11 de Agosto do 2009, 17:13

1.-marusía dixo:

¿ será un caso máis de secuestro ?, ben, pero o que máis me chama a atención é que a denuncia pública a fixo o deputado do Psoe, Méndez Romeu, e agora ven a miña pregunta, sr. Méndez Romeu ¿ porqué non denunciaba cando Paco Vázquez organizaba as touradas en Coruña ?, a qué ven agora a denuncia, se os "promotóres das touradas" na cidade de Coruña, foi o alcalde Paco Vázquez, "puro en boca engadido", e vostede era membro da equipa de goberno ?, eu xa non séi se rir, se chorar

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +10
  • negativo

11 de Agosto do 2009, 16:13

1
DEIXAR COMENTARIOS






  • Elixe emoticonas:
  • calado
  • anoxado
  • superfeliz
  • feliz
  • sorprendido