Martes, 09 de Febreiro do 2010
Actualizado ás 12:35 - Na rede dende Decembro de 2006
GZ nación
Galiza
[GZnación / Redacción] 20 de Xullo do 2009

Causa Galiza manifestarase o Día da Patria co lema "Contra a crise do capital, soberanía nacional"

A marcha convocada pola plataforma soberanista sairá ás 13:00 horas da Alameda de Compostela. Ao remate haberá un xantar popular e un programa de actividades culturais, deportivas e políticas no parque de Belvís

Etiquetas:

Causa Galiza

Causa Galiza presentou esta mañá no local social A Gentalha do Pichel os actos do Día da Patria galega para o vindeiro 25 de Xullo. Pedro Alonso, portavoz da plataforma, detallou os actos con que se celebrará a data, que este ano suman á xa tradicional manifestación a realización dun xantar e actividades ao longo de toda a tarde no parque de Belvís.

Con Alonso estiveron outros membros da Portavocía da Causa Galiza e representantes das seis correntes políticas que a integran (Corrente Vermella, Espaço Irmandinho, Frente Popular Galega, Movemento pola Base, Nós-Unidade Popular e Partido Comunista do Povo Galego), así como de diversos colectivos e locais sociais.

O Día da Patria 2009 é a terceira convocatoria consecutiva organizada por esta plataforma sociopolítica na data sinalada, reunindo tras de si todas as forzas políticas e sociais soberanistas nunha dinámica de acción conxunta "para esixir a superación do actual cadro constitucional e autonómico e reclamar o recoñecemento e o exercicio do dereito de Autodeterminación por parte do Pobo Galego".

Nesta ocasión, a marcha reivindicativa sairá ás 13:00 horas da Alameda compostelá coa lenda "Contra a crise do capital, soberanía nacional". Pedro Alonso informou de que a encargada de ler o manifesto será "unha persoa destacada polo seu traballo no ámbito sindical e nomeadamente na defensa dos dereitos das persoas inmigrantes: Laura Bugallo, quen ademais hai dous meses pasou por uns malos momentos persoais, precisamente polo seu compromiso sincero".

Ao remate, como principal novidade, ademais do tradicional xantar popular realizaranse numerosas actividades no parque de Belvís, incluíndo palestras, presentacións de libros, xogos populares, actuacións musicais e proxeccións.

Contexto de crise

Para Causa Galiza, este ano o Día da Patria "encádrase nun contexto especial concreto, o da grave crise socioeconómica capitalista que atenaza a nosa sociedade e provoca o aumento do desemprego, a temporalidade e a precarización, o feche de empresas e a aplicación de EREs, moitos deles sen xustificación, a emigración de millares de mozas e mozos galegas e galegos e o asalto xeneralizado aos dereitos sociais".

Así, Pedro Alonso destacou que "é máis necesario que nunca demandar o dereito de autodeterminación, sobre todo neste contexto de crise", xa que, na actual situación de dependencia, Galiza está a xogar "unha partida coas mans atadas, e neste contexto sempre seremos de segunda".

A plataforma pensa "que o dereito a decidir do Pobo Galego sobre si propio é unha ferramenta indispensábel para facer fronte á crise do sistema capitalista e garantir o benestar da maioría social galega".



24 comentario/s en "Causa Galiza manifestarase o Día da Patria co lema "Contra a crise do capital, soberanía nacional""

24.-Matusalén dixo:

o nível de argumentación dos aymerichistas está polos ares.... Responden con consignas!

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • -1
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 21:57

23.-mariñas dixo:

!ADIANTE XA CÓ BNG!
!Non hai outro proxecto para o país!

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +4
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 19:48

22.-Sentidiño é o que non hai dixo:

Todos estes hipercríticos existen porque existe o Bloque que senón terían que inventalo...

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +4
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 19:44

21.-Vision Lab dixo:

BNG vendidos a Jacinto Rey (ou Rei?).

O ostión electoral continuado en que está instalado o nacionalismo é fruto de deixar de ser o que era.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 19:36

20.-adiante BNG dixo:

O BNG é o único nacionalismo possível neste país e o que nom o veja é que politicamente vive na pola. As possibilidades de articular umha proposta nacionalista à margem do BNG som nulas e estám nas hemerotecas todos os fracassos havidos neste sentido para demonstrá-lo.

Estatuto de Naçom: isto é o que há.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +7
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 19:31

19.-Desde Cangas dixo:

A xente de Causa Galicia estivo nas movilizacíóns contra o porto de Massó. Estaban os de AMI, os de Adiante, FPG, CUT, de centos sociais.. O BNG leva anos na alcaldía e prometeu que paralizaría o porto e xa se mira o que hai. Esas son as contas que me dan a mín.

soberanía e loita polo que é noso.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +2
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 19:25

18.-Amoeiro dixo:

tal e como estamos Causa Galiza está claro que é unha esperanza. deixémola ir, non metamos atrancos, e a ver si é posible que neste país volva surxir a loita nacionalista.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +2
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 19:06

17.-Independentista Fernández dixo:

É impossível conseguir a soberania se o povo nom a exige. Isto é umha perogrulhada, Manoel. Portanto, a pergunta nom é como se consegue a soberania sem a participaçom do povo, mas como pode um povo como o nosso, tam desestruturado e falto de consciência de si próprio, chegar a tomar consciência da sua situaçom e exigir o que é seu: soberania, autodeterminaçom, independência. Nesta perspectiva, também na minha humilde opiniom, o trabalho do nacionalismo que reivindica um Estatuto de Naçom é bem cativo. O medo a pronunciar e defender as palavras proibidas levou a que ficassem recluidas para as publicaçons e actos de consumo interno que reconfortam aos mais conscientes, os Dias de, etc.

É evidente que neste projecto deve participar umha grande parte do povo, como tu diz, senom é inviável, mas penso que nom se trata de ?esperar as condiçons?, como quem espera que a chuva regue o campo. Trata-se de i-las criando, dia a dia, com paciência, na medida das possibilidades.

Associar umha certa coerência nos princípios com ir para o caldeiro imediatamente parece-me um pouco apresurado, Manoel, quando menos enquanto a cousa nom se ponha bastante pior e aos independentistas nom nos declarem ilegais, que também poderia ser, e seguro que os silêncios ante semelhante atropelo iam para além de PP e PSOE?

Quando te risco de ?porta-voz? é porque, de facto, à margem de tu teres ou nom o cárrego de tal, ?portavoceias? certas opinions muito extendidas, como eu estou a ?portavozear? neste momento outras também muito extendidas em outros ámbitos sem que ninguém me nomee de tal.

E remato: desculpa, mas nom vejo que tanta ?teoria radical? há nas minhas palavras. Há simplesmente posiçons que nom se contestam e que pretendem rebater-se habitualmente com etiquetas, desqualificaçons e acusaçons do mais variopinto, como que nos cremos na possessom da verdade, que queremos ir para o caldeiro (???), etc., etc.

Penso que as perguntas haveria que formular-lhas à gente nacionalista honesta e de base que ainda fique no BNG: como se pode avançar para a soberania com umha organizaçom que cala ante o que está a passar em Massó e ante a barbaridade da Guarda Civil? De que nos vale que Madrid nos reconheça nominalmente como naçom se nom podemos exercer como tal? Que relaçom há entre que se cumpram os prazos de construçom do AVE e o avanço da nossa luita para que fagamos dos malditos prazos a nossa reivindicaçom? Por que se defende Reganosa se a Terra é nossa e nom o terreno de jogo de Alcoa? Por que tantos nacionalistas calam ante o inaceitável e continuam acreditando nas migalhas que caem da mesa dos espanhóis?

Um saúdo, e o sábado em Compostela, para reivindicar a Soberania Nacional.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +2
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 18:19

16.-O Manoel dixo:

O Independentista Fernandes ten moita teoria, e escreve moiben, pero entender non entendeu ben o que eu escrevin. Pergunto de novo, como se consegue a soberania se o pobo non participa, se o pobo non o sente, na miña umilde opinion entendo que e imprescindible que unha parte grande do pobo participe, eu penso que ti sabes que sempre que se fixeron revolucios esperouse que se deran as condicions . polo contrario se somos catro gatos imos pro caldeiro, iso si coma Heroes
O Manoel non e porta-voz de nada,semple mente da a sua humilde opinion niste foro coma outro calquera , e un semple militante do BNG, e seguira sendo.
O Manoel seguro que confunde moitas cousas como ti dis, e dende logo nonse sente na posesion da verdade, pero aveces tanta teoria levanos a alonxarnos da realidade. Coñecin o longo da miña militancia moitos teoricos radicales que cos anos se olvidaron de todo o nacionalismo, pero iso si despois falaban moiben o castelan.
Un saudo, e sabado a Santiago

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +6
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 17:07

15.-eu dixo:

Os do MGS seguen no BNG e teñen un discurso independentista así que non todo o independentismo está fóra do BNG, o problema, claro, é que a direción está chea de socialdemócratas, reaccionarios e autonomistas e así lle vai ao BNG

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • +1
  • negativo

23 de Xullo do 2009, 15:28

1 2 3
DEIXAR COMENTARIOS






  • Elixe emoticonas:
  • calado
  • anoxado
  • superfeliz
  • feliz
  • sorprendido