Martes, 09 de Febreiro do 2010
Actualizado ás 08:54 - Na rede dende Decembro de 2006
GZ nación
Sociedade
[GZnación / Antón Figueira] 06 de Marzo do 2009

"O que propón o sr. Feijóo e unha involución, un paso atrás que nos remonta ao tardofranquismo"

A Mesa pola Normalización Lingüística reuniu hoxe aos medios para anunciar a convocatoria dunha manifestación en defensa da lingua o vindeiro 17 de maio que esperan sexa masiva, como xa ocorrera o ano pasado.


A Mesa
Representantes da Mesa ofreceron hoxe unha rolda de prensa

A partir do resultado do 1-M onde o Partido Popular se fixo coa maioría absoluta e ante o anunciado cambio de rumbo en materia lingüística, a Mesa fai un chamamento a toda a sociedade para que o vindeiro 17 de maio se sume á manifestación que veñen de anunciar en defensa da lingua.

Como primeiro paso, este luns convocan a todas as asociacións, movementos sociais e colectivos de todo tipo a unha reunión "aberta e participativa" para achegar a súa visión sobre os acontecementos, compartir as inquedanzas ao respecto e tentar chegar a uns puntos en común para iniciar un proceso colectivo de cara á manifestación do 17 de maio. Tentan con esta convocatoria superar os máis de 500 colectivos que se sumaron á manifestación do ano pasado e abrir as portas a todas as asociacións que, como a Mesa, defendan a existencia plena da nosa lingua na vida pública e "camiñar conxuntamente nesta andaina en defensa do galego".

Entrevista con Feijóo

Asemade, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, adiantou que solicitará unha entrevista cos máximos responsábeis do futuro Goberno da Xunta en materia lingüística, e dicir, co Presidente e cos novos responsábeis de Educación e Política Lingüística, para trasladarlles as súas propostas e "directamente tratarmos de evitar que consumen a evolución educativa e cultural" que prometeron poñer en marcha.

Callón lembra "ao señor Nuñez Feijóo que o feito de gañar as elección non fai que as mentiras se convertan en verdades" e repróchalle que continúe utilizando a "demagoxia cando falan da situación do galego no ensino", pois falan dunha imposición que "non se ve en ningures".

Para exemplificar este punto sacou a coación o decreto do galego no ensino e comparouno co aprobado no ano 1995, aprobado polo Goberno Fraga, onde coinciden a totalidade dos puntos que Feijóo prometeu derrogar. Como exemplo o Art 8,1 do decreto de 1995 e onde contempla que o alumnado, nas materias que se impartan en galego, ten que utilizar o galego. O que se están propoñendo e unha "involución" un paso atrás "histórico" para o galego que nos remonta ao "tardofranquismo" apuntou o presidente da Mesa.

"Temos que dicirlle que non llo imos permitir. Que a sociedade non lle vai permitir que se dea ese paso" asegura Callón, que lembra que o decreto do ano 2007 "conta co apoio do Consello escolar de Galiza, co da Federación de centros privados de Galiza, da Federación de APA's públicas e dos sindicatos, que representan o 90% do profesorado, de todas as asociacións de renovación pedagóxica existentes en Galiza e de todas as organizacións estudantís con presenza en Galiza.

Sería dende o punto de vista da Mesa "un erro" que a nova Xunta de Galiza "ceda ante unha imposición unilateral" e rompa consensos históricos en defensa da nosa lingua e que contan co respaldo unánime por parte da comunidade educativa.



10 comentario/s en " "O que propón o sr. Feijóo e unha involución, un paso atrás que nos remonta ao tardofranquismo""

10.-Conan dixo:

A folga do 17 de maio é o primeiro acto de masas, seguiremos programando actuacions diversas en cada concello de Galiza ate derrubar o mal amigo.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

07 de Marzo do 2009, 10:41

9.-Folga dixo:

Folga xeral e indefinida no ensino a tódolos níveis.

Paralización total e indefinida da educación en Galiza.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

07 de Marzo do 2009, 09:54

8.-eis dixo:

Mágoa de pertencer a españa, de ser galiza ceibe nón pasarí isto

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

07 de Marzo do 2009, 08:32

7.-Afonso dixo:

Todos o 17 de maio!

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 22:35

6.-Pacifico dixo:

Feijoo debe dimitir xa, ademáis as eleccións foron ilegais por que estiveron mediatizadas por certos mediosd e comunicación.

Convocatoria de eleccións, xa!

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 18:47

5.-metralla dixo:

É o que hai. Os galegos e as galegas dixeron que querían ao P.P., sabendo a política que van facer, de sobras os coñecemos, en todos os eidos, no idioma, na cultura, na industria, no sector enerxético, no medio rural, na sanidade, no ensino. Así que agora o que nos queda é retroceso da nosa lingua, imposición do español, volveremos ao topónimo la coruña, anulación do concurso eólico para darllo a Unión Penosa ou Iberdrola..., acabar co Banco de Terras e volver ao desmantelamento do rural, privatización dos servizos sociais e da sanidade (lembrades as fundacións?), etc. O hipercriticismo non nos leva a ningures. Evidentemente o BNG cometeu erros desde o goberno, pero tamén houbo moitos acertos, e non vale decir que todo é unha merda e que todos son iguais, os erros haberá que correxilos. O que a algúns nacionalistas nos parecen tímidos avances (no aspecto lingüístico, por exemplo), a unha maioría de xente parécelle "imposición do galego". Hai quen pretende que quen representa a menos do 20% dos galegos e das galegas faga as súas políticas ao 100%, e se non é así, entón non vale nada, todo é unha merda e son todos iguais. Mentres non asumamos a realidade, e pensemos que cómpre avanzar pouco a pouco e valorar cada pasiño; mentres pensemos que ou todo ou nada, entón non avanzaremos nada, ao contrario, retrocederemos. Adiante co BNG.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 17:46

4.-Tome meira dixo:

Las abuelas.

Una abuela catalana cuando va al medico no cambiara al castellano para ser atendida, ya que tendrá el servicio en catalán, a ella por supuesto no se le hubiese pasado por la cabeza cambiar, el medico la hablara en catalán muy gustosamente. Cuando tenga la necesidad de ir a una iglesia, recibirá el servicio en la lengua vehicular (Catalán), eso si, si lo quiere en castellano, también lo puede tener, ofrecen ese servicio, por ejemplo en la catedral de la sagrada Familia
Una abuela catalana-parlante sea de la aldea o de una villa, si ha tenido suerte en la vida y ha subido algunos peldaños en el escalafón social, seguirá hablando catalán, y se lo enseñara a sus hijos y sus nietos. Sus nietos por supuesto recibirán clases de matemáticas en catalán, en que si no.
Cada vez que tenga que resolver papeleo o ir al abogado no tendrá que cambiar al castellano si no le apetece claro esta, tendrá el servicio 100% en catalán y la cabeza muy alta.
.
Cuando se junte con las amigas, y si estas son finas como ella parlaran en Catalán, y si hay otras abuelas finas como ellas pero que tienen el castellano como lengua materna estas ultimas se cambiaran al catalán por norma general, por que la lengua de prestigio es el catalán, el catalán es cool y es fashion y no va a desaparecer por que las abuelas catalanas tienen una aptitud positiva hacia la lengua y los prejuicios y las travas los tiraron por la ventana allá por el 1975.

Lo que ha dicho la presidenta de Galicia bilingüe, Gloria Lake en sus conferencias galegofobicas, de que hay un 16% de fracaso escolar en Catalunya, es cierto. Ella y sus secuaces lo atribuían a la enseñanza en catalán. Pero lo que yo no sabía, es que, en la comunidad de Madrid, y Extremadura hay un 20 % de fracaso escolar. Me pregunto yo, si eso no tendrá que ver, que en aquellos lugares tan castizos se enseñe castellano.

FEIJO, FEIXO, HALUBIAS.

TEMOS HALUBIAS COMOLIÑO, TEMOS HALUBIAS PARA CATRO ANOS.

TOME MEIRA, de Bueu dende ( BARCELONA).

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 16:25

3.-Tome Meira dixo:

FEIXO, FEIJO HABICHUELAS

O apelido Feixo seria na forma galega no seu sentido puro, pero quedan moi poucos por estas terras , xa que foron derogados a machete.
Do mesmo xeito cos toponimos. Moitos apelidos Galegos foron acastrapados (derogados) e deturpados pola ansia uniformadora de castela, este afan desgalegizador foi especialmente virulento a partir da instauración dos rexistros civis a comenzos do seculo XIX e continuou con forza a durante o seculo XX, agas o ultimo cuarto . O podedes comprovar isto na paxina www chamate con xeito, onde existe un servizo de simulación, de nomes e apelidos, asegurovos que vos levariades moitas sorpresas.
O que si abundan en Galicia son as formas hibridas como os Feijo ou Rajoy.Por ejemplo no DNI do suso dito consta como Feijo, aunque durante a campaña electoral escoitei alguas veces e en alguns medios de comunicacion, como o señor Feixo, sera por que soa mais galego, desprende galegidade 100%. Claro esta que unha cousa e a imaxe que se quere proxectar dun mesmo, e otra cousa ben diferente, é, o que realmente somos , iso todos nos o sabemos ou iso espero. Pero non señores e señoras, o seu apelido e Feijo que realmente non quer dicer nada, e unha palabra hibrida, e castrapo puro e duro, nin e galega nin e castelá (nin sube nin baixa a escaleira), o seu apelido en castelan seria Señor Habichuelas.

Non e o único caso, o ex-lider do BNG o señor Quintana, podria usar as formas galegas Quintà, Quintans ou Quintan, pero igual no quere desprender galegidade, ou non lle fai falta, ou realmente tenlle cariño o seu apelido hibrido (castrapo). ¿Políticamente credes que seria serio e rentable presentarse en campaña como o señor Habichuelas? Ja ja ja ja (broma).

Conclusion e para rematar:

Temos habichuelas como
liño, temos habichuelas para catro anos.

Tome Meira de Bueu , dende Barcelona. Bicos e saudos.

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 16:24

enfadado 2.-galêzop dixo:

A rua é um lugar desde onde se têm derrubado impérios, olho lá! O BNG estivo 4 anos nas nubens vai sendo hora de baixar à terra... Estes fascistas do PP não passarão...

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 15:33

calado 1.-Juanjo dixo:

A boas horas mangas verdes... imos a queixarnos agora, e antes facían o mesmo... todos fan o mesmo?

  • Vota o comentario:
  • positivo
  • 0
  • negativo

06 de Marzo do 2009, 14:59

1
DEIXAR COMENTARIOS






  • Elixe emoticonas:
  • calado
  • anoxado
  • superfeliz
  • feliz
  • sorprendido