E-mail:
Que facemos
Gznación.com nace coa intención de ser o teu xornal dixital. Ofrecémosche para iso un produto no que prima o tratamento en profundidade de temas importantes para o país e a vontade de adiantarche as novas máis relevantes de Galiza.
Gznación.com sabe que o verdadeiramente importante é que a nosa relación convosco sexa a mellor posíbel. Para iso creamos unha canle de comunicación continua, que che permitirá pasar de ser un mero espectador, a un participante activo de todo o que acontece no diario. Poderás opinar sobre as nosas información, e tamén terás a posibilidade de enviarnos as túas propias novas, fotos e vídeos, porque en gznacion.com sabemos que este xornal é voso.
1.- Anticipando as noticias:
É a nosa razón de ser. Queremos darche a información que latexa na nosa nación antes que ninguén. Traballamos para que os galegos e as galegas teñades coa maior anticipación posíbel as novas que afectan o decorrer do noso país.
Galiza vén sufrindo anos de non coñecer as noticias a tempo. Galiza sabe que unha noticia mal contada, tarde e de forma pouco concreta pode ter efectos devastadores para o país. O prestige, as vacas tolas, a crise do sector leiteiro e tantas foron episodios que deixaron gravada en nós a importancia que ten para un pobo o dereito a coñecer o antes posíbel a verdade e o grande valor de anticipar as noticias. Valor que guía a gznación.com.
2.- Traballos en profundidade:
Gznación.com ten como fin informativo dar a coñecer en profundidade todos aqueles temas que crearán a Galiza das próximas décadas. Traballamos para darlle respostas a temas coma o Novo Estatuto, que hai detrás dos incendios e as políticas de transformación do medio rural para combatelos, se estamos recuperados realmente do prestige, que futuro agarda á mocidade galega, que propostas construtivas podemos pór sobre a mesa para que a Cidade da Cultura sexa un elemento positivo para a nosa nación... En definitiva, investigamos hoxe para que coñezas, de primeira man, o novo país que nos agarda. En gznación.com falámosche do presente e adiantámosche tamén a Galiza que vén.
3.- Zona multimedia:
GZnacion.com cre en internet. Por iso ofrecémosche un xornal que quere explotar todos os recursos que o medio nos permite: